viernes, 14 de octubre de 2016


Políticas Activas de Emprego.

 

Firma invitada. Olga Carril




Mediante o Decreto 289/1997 do 9 de Outubro   a Comunidade Autónoma de Galicia asumiu as funcións e servizos transferidos pola Administración do Estado no ámbito do traballo, o emprego e a formación, funcións que viñan desempeñando o Instituto Nacional de Emprego.

Ditas políticas Activas en estes momentos están asumidas pola Consellería de Economía, Emprego e Industria. É esta consellería a que xestiona as subvencións e axudas públicas a estas políticas, sendo o obxetivo conquerir un incremento da empregabilidade das persoas desempregadas mellorando as condicións do mercado laboral no marco da Estratéxia Europea para o Emprego. 

As recomendacións da UE en materia de emprego, di que os Estados membros deben descentralizar a xestión das políticas de emprego e adaptalas e adecualas a cada territorio e a realidade do mercado de traballo local que é no ámbito local onde se poden atopar maiores posibilidades.


En Galicia os programas autonómicos das políticas activas de emprego son:

Obradoiros de emprego: Aprender traballando

Programa mixto ( formación - emprego), recibir unha formación profesional para o emprego acreditable, certificable ao tempo que realizan un traballo real e produtivo. Promovidos polos entidades locais, realizan obras ou servizos de utilidade pública ou interese social.






Programas experimentais: (integrados de emprego)

Programa con intermediación laboral, durante 12 meses Ten como obxetivo a inserción laboral do 30% das persoas desempregadas atendidas no programa. Proxectos que combinan:
  • Información, orientación e asesoramento.
  • Formación en novas Tecnoloxías e idiomas.
  • Habilidades sociolaborais, talleres de entrevistas.
  • Intelixencia emocional, motivación, iniciativa emprendedora....

 

 Programas de cooperación con Entidades sen Ánimo de lucro

Ten como obxetivo  e finalidade  a través de axudas e subvencións a contratación de persoas desempregadas e mulleres vítimas de violencia de xénero para a realización de servizos de interese xeral o social.
Neste exercício teñen prioridade as entidades que presten servizos sociais no ámbito da discapacidade e do risco de exclusión social.


Colaboración con entidades locais - perceptores do RISGA

Subvencións dirixidas a entidades locais para a contratación temporal de persoas en situación ou en risco de exclusión social, perceptoras da Renda de Inserción Social de Galicia (RISGA) , para poder facilitarlles unha experiencia profesional e facilitar a súa inserción laboral.




Accións Formativas Desempregados ( AFD) 

Cursos de formación profesional para o emprego que ten como obxetivo a cualificación profesional dos traballadores para a mellora da súa empregabilidade, acreditables e con certificados de profesionalidade. Todas estas accións son uns dos elementos máis importantes das políticas activas para o emprego.


Competencias Clave

A dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral a proposta do Instituto Galego das Cualificacións, convocan unha vez o ano probas de avaliación en competencias clave. 

Para mellorar a calidade da formación para o emprego e que persoas que non teñen a formación académica necesaria poidan a través destas convocatorias poder acceder a Certificados de Profesionalidade de nivel 2 e 3 e así mellorar a súa empregabilidade.


Prácticas non laborais en empresas (PNGX)

Colectivos de moz@s entre 18 e 25 anos que con independencia da súa formación non teñan experiencia profesional ou moi escasa. Prácticas entre 6 e 9 meses, con un titor que supervisará a súa práctica, finalizadas estas a empresa entregará un certificado cos contidos e tarefas feitas. Non hai relación laboral coa empresa, non dereito o paro.

Empresas con centros de traballo en Galicia, que teñan firmado un Convenio coa Xunta , as empresas aboarán unha bolsa o moz@ en función das horas "traballadas".  A alta na Seguridade Social está regulado polo RD 1543/211

 

A miña opinión.

Con respecto os programas dás Políticas Activas de Emprego penso que habería que repensalos, actualizalos porque levan moitos anos repetíndose e o ser promovidos por Entidades locais o mercado laboral destas localidade en moitos casos está saturado de perfís profesionais que unha vez rematados os programas son moi difíciles de insertar no mercado laboral e que esa inserción dure no tempo,  polo que  o obxetivo principal das Políticas Activas para o emprego non se dá conquerído. 


Para saber máis:

Incentivos a contratación de moz@s inscritos en Garantía Xuvenil (PNGX)

Axudas e Subvencións para persoas que decidan ser Autónomas ( PNGX) 
  
Fomento do emprego en colaboración con Entidades locais.

Recoñecemento das competencias profesionais a través da experiencia. Conselleria de Economía, Emprego e Industria, ou a través da Consellería de Cultura,Educación e Ord.Univ
 
Axudas a traballadores autónomos por contratar indefinidos. 

Integración laboral persoas con discapacidade

Fomento da Prevención de Riscos Laborais.  

  
 
Garantía xuvenil














No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada