domingo, 30 de octubre de 2016



Por Bibiana Vilas

Reflexións do Módulo I “Marco Conceptual da Orientación Laboral”


Nas próximas liñas reflexionarei sobre as cuestión que estimo máis importantes dentro do “Marco Conceptual da orientación laboral”, xa que considero que son útiles e aplicables na nosa labor como orientador@s.

Do tema 1 destaco toda a información relacionada coas Políticas Activas de Emprego, xa que son medidas postas en marcha polo goberno para mellorar a inserción, formación e a promoción da creación do emprego, e inflúen sobre a oferta a demanda de traballo. Teñen como obxectivo combatir o desemprego e as consecuencias sociais da crise.



Segundo a Estratexia Española de Activación para o Emprego 2014­-2016 e o PAPE 2016 todos os servizos e programas das políticas activas de emprego e inserción laboral enmárcanse nos siguientes exes:

1. Orientación
2. Formación
3. Oportunidades de emprego.
4. Igualdade de oportunidades no acceso ao emprego
5. Emprendemento
6. Mellora do marco institucional do Sistema Nacional de Emprego

Tódalas medidas me parecen necesarias e imprescindibles, xa que na actualidade hai un colectivo cada vez maior de personas que precisan dun servizo de atención persoalizada no referente a súa situación laboral e profesional, por iso considero fundamental para @s orientador@s coñecer estas medidas para poder asesorar, acompañar, motivar e proporcionar as ferramientas necesarias e útiles ás persoas orientadas, para que éstas decidan o seu camiño profesional.

Con respecto ao tema 2, referente ao Mercado de Traballo, foi revelador para min o apartado sobre o Equilibrio no mercado de traballo, onde colisionan dúas forzas e intereses. Por unha banda os traballadores que representan a “oferta” de traballo (canto máis elevados sexan os soldos máis desexo de traballar haberá por parte d@s traballador@s). E por outro lado están as empresas, das que depende a demanda de traballo (canto máis baixos sexan os salarios reais máis traballo demandarán as empresas).

En relación ao equilibrio de traballo, existen dúas escolas de pensamento económico, a clásica e a keynesiana, as cales discrepan sobre a situación na que se atopa actualmente o mercado e sobre as causas e efectos do paro. Cada escola ten un enfoque diferente para o estudo económico do mercado laboral en consecuencia das súas ideas sobre a política monetaria, o comportamiento do consumidor e o gasto público.


No relativo ao tema 3, valoro moi positivamente a presentación de Elena González experta en orientación laboral e profesional. Durante a súa exposición sobre a estructura do FP e os Certificados de Profesionalidade, explicou con moita claridade o significado de termos como: INCUAL, FPE, FPI, FP Dual, Familias Profesionais, FP Contínua e aclarou as diferencias entre a Competencia Profesional (conxunto de coñecementos e capacidades que permiten o exercicio da actividade profesional conforme ás esixencias do mercado) e a Cualificación Profesional (conxunto de competencias profesionais que poden ser adquiridas por formación e/ou experiencia).


Considero que na nosa labor como orientador@s é indispensable coñecer en profundidade todo o relacionado coas Certificacións e as distintas vías para a Formación Profesional , para así poder informar sobre o novo marco de competencias profesionais, vías de acceso e os mecanismos para a obtención de competencias clave e certificados profesionais. Ademáis de asesorar e sensibilizar os nosos usuarios/as sobre a importancia da acreditación do coñecemento e/ou experiencia de traballo para incrementar a súa empregabilidade.


En referencia ao  tema 4, que aborda a temática da Política Social e de Emprego da Unión Europea, considero interesantes os dous bloques de contidos. Por unha banda coñecer en detalle a Estratexia Europa 2020 para poder informar aos nosos orientad@s  dos programas, axudas, subvencións, becas, etc dos que poden ser beneficiarios de cara a mellorar a súa empregabilidade.

E seguidamente o alusivo á Mobilidade de Traballadores pola Unión Europea.


Que nos permite facilitar ,aos usuarios/as que o desexen, a información e as ferramentas que existen para ir a traballar ou estudar nalgún país da UE, así como a información necesaria para desenvolverse con facilidade no país de destino.


Para concluir esta reflexión, analizo a miña aprendizaxe sobre o  Emprendemento, que se tratou no tema 5.  Eloxio en primeiro lugar a exposición por parte do ponente Fernando Agulló. Persoalmente recoñezo que non tiña moitas expectativas para a formación neste tema pero a miña perspectiva cambiou durante a xornada do 22 de xullo, pois entendín que o emprendemente está sendo unha alternativa das persoas desempregadas, cada vez máis empregada, para a súa incorporación ao mercado laboral.

Por isto, a labor da persoa que orienta é fundamental, pois é  importante coñecer as características que debe ter un emprendedor@ e tamén saber cómo xestar unha idea empresarial e cómo desenvolvela, mediante o modelo CANVAS e un Plan de Empresa. Así como , proporcionar aos emprendedor@s os coñecementos e habilidades necesarias para desenvolver e aplicar o seu modelo de negocio, respetando sempre a súa idea, xa que a persoa que emprende é a que toma as decisións sobre o seu proxecto.

Son consciente de que o emprendemento é necesario para o crecemento económico e para a promoción do texido empresarial.

Dentro do emprendemento destaco o emprendemento social, que pon en valor o talento das persoas que traballan para lograr un cambio social e fan unha aportación moi importante para a mellora da sociedade na que vivimos. As cooperativas son una alternativa de negocio baseada nun conxunto de valores que fundamentan a economía social.



E finalizo a miña reflexión achegando un video sobre a creación dunha cooperativa.




No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada